Tipos de cirolas, cales son as máis ricas?
A temporada de cirolas xa comezou no posto de froitas. As primeiras recóllense en maio e xa as puideches desfrutar. Pero agora en xullo, agosto e setembro aparecerán máis opcións nos teus supermercados Gadis. Con tantos tipos de cirolas, cal elixir? Cales son as máis ricas?
A miúdo preguntámonos que variedade de cirolas é máis doce e cal máis ácida. Como regra xeral, a maioría son doces se se deixan madurar o suficiente. Así que cando as atopes no supermercado, todas teñen xa un toque máis doce que se pode incrementar se as deixas algúns días na casa antes de comelas. O que si é un feito é que a textura varía duns tipos a outros.
Que tipos de cirolas existen?
En realidade, hai unha gran variedade de cirolas entre as que elixir. Pero a mellor maneira é diferenciándoas en catro grandes tipos: as amarelas, as vermellas, as negras e as verdes.
As cirolas amarelas son as primeiras en madurar de entre as distintas variedades. Son acuosas e están clasificadas como un tipo que combina o sabor doce co amargo (tirando máis cara este). Pola súa textura, non se secan tan ben, polo que é raro cociñalas e soen comerse só no seu estado natural.
As vermellas son unha variedade de cirolas máis doce e de carne máis suculenta cas amarelas. O seu sabor é intenso e a súa forma máis redondeada.
As cirolas negras teñen en realidade a pel azul escura e esta é fina e lisa. Tamén é de sabor doce e carne máis suculenta, cunha textura bastante similar ás vermellas. Son moi utilizadas para a elaboración de marmeladas e distintos produtos de repostería.
Por último, as verdes son un tipo de cirolas ideal para cociñar ou facer marmelada. Aínda que, por suposto, tamén se poden comer ó natural. Son máis ovaladas e o seu sabor tamén é quizais o máis doce de entre todas as variedades.
Cal das variedades de cirolas é a máis rica?
Como viches, dependerá un pouco dos teus gustos. Dise que as cirolas verdes son as máis saborosas e doces, polo que se podería dicir que é a máis rica. Sen embargo, para as persoas que non gustan de sabores tan doces, as intermedias como a vermella e a negra, poden ser as máis adecuadas.
En cando ó seu uso para a cociña, as negras e as verdes lévanse a palma. De feito, é habitual que as atopes durante todo o ano no supermercado en forma de marmelada.[:]