Receita de salsa de iogur para unha ensalada perfecta
Estás aburrido dos clásicos aliños de sal, aceite e vinagre para a ensalada? Queres darlle un toque único a esa cea lixeira como o que conseguen no teu bar preferido? Para iso, podes probar con esta receita de salsa de iogur para ensaladas que che recomendamos hoxe. Moi rica, sinxela de elaborar e que mesmo fará que os máis reticentes desfruten dun prato cheo de vitaminas e nutrientes necesarios.
O incrible desta salsa que che propoñemos hoxe é que ten máis usos que o da ensalada. De feito, queda fantástica tamén con carnes á prancha ou á grella. E non é moi calórica, así que o teu prato de ensalada seguirá sendo lixeiro e sa, só que con moito máis sabor. Encantaralles até ós máis peques da casa!
Salsa de iogur para ensaladas
A elaboración desta receita é realmente sinxela. O máis importante é asegurarte de elixir ben os alimentos que pos nela e a calidade dos mesmos. Para garantir a máxima, non dubides en facer a túa compra en Gadis.
Así, os ingredientes para esta salsa de iogur para ensaladas son:
- 2 culleradas de zume de limón fresco.
- 1 cullerada de vinagre de viño branco.
- 1 ou 2 culleres pequenas de azucre.
- 1 culler pequena de allo picado, aproximadamente 2 dentes.
- ½ cunca de iogur grego natural con leite enteiro.
- 1/3 de cunca de aceite de oliva virxe extra.
- ½ culler pequena de sal.
- ¼ de culler pequena de pementa negra recen moída.
- ½ culler pequena de aneto seco.
Xuntando esas cantidades, formas máis ou menos unha cunca de aderezo, que debería ser suficiente para unhas 4 ensaladas de tamaño medio.
En canto a elaboración, consiste simplemente en engadir todos os ingredientes ó mesmo recipiente e remover ben até que se mesturen por completo. Esta salsa de iogur para ensaladas podela gardar na neveira e mantense en perfecto estado durante 3 ou 4 días.