
Que alimentos é mellor comelos crús? A túa guía raw food
É obvio que non todos os alimentos se poden comer crús. Sen embargo, hai unha lista bastante ampla dos que si e, ademais, son moi recomendables. O motivo é que mentres se cociñan, algúns dos nutrientes poden destruírse. Hoxe vamos a falarche sobre eses alimentos que se poden comer crús e que, de feito, mesmo son mellor así.
Porque se estás buscando limpar os teus hábitos alimenticios para aumentar os teus niveis de enerxía, os alimentos sobre os que che falamos hoxe son moi interesantes.
Alimentos que se poden comer crús
Seguro que nesta lista de alimentos crús agardas atopar moitas froitas e verduras frescas, noces, sementes e grans enteiros. O certo é que non vas mal encamiñado. Estes son algúns dos mellores que che propoñemos dende Gadis y que podes mercar en calquera dos nosos supermercados:
- Pementos vermellos. Os pementos vermellos conteñen unha gran proporción de vitamina C. O problema é que esta é moi inestable na calor e, como resultado, a cocción pode facer que os seus niveis caian en picado.
- Cociñar allo reduce a desoxidante alicina, que pode axudar a combater enfermidades cardíacas e algúns tipos de cancro. Así que, para maximizar os seus beneficios protectores, é mellor comelo cru.
- Do mesmo xeito ca os pementos, a espinaca é rica en vitamina C e cociñala elimina até dous terzos do nutriente. Sen embargo, cociñar espinacas descompón o ácido oxálico, que pode axudar coa absorción de calcio, ferro e magnesio do teu corpo. Polo tanto, é unha boa idea que alternes a forma de comer esta verdura.
- As cebolas, coma o allo, conteñen alicina, e comelas crúas conserva o desoxidante. Ademais, as cebolas conteñen unha variedade de compostos orgánicos de xofre que son destruídos pola calor. Así que recomendámosche comelas crúas se queres aproveitarte de todos os seus beneficios para reducir a presión arterial e protexer o corazón.
- Brócoli. O brócoli conten sulforafano, un composto moi beneficioso para o organismo humano. E aínda que o brócoli ó vapor e ó forno non reduce de forma significativa o sulforafano, a ebulición si diminúe en gran medida a súa cantidade.
- As sementes son fantásticas para facer ó forno e cociñar, pero a mellor maneira de usalas é en ensaladas e soas. Mesmo podes engadilas a un batido! En xeral, as sementes son ricas en tiamina e vitaminas B1 e eses nutrientes beneficiosos dependen do consumo cru para ter un impacto positivo no corpo.