Propiedades e contraindicacións do tomiño
O tomiño é unha herba moi versátil. Ten usos medicinais e culinarios que seguramente non esperas dunha herba de cociña tan simple. É moi fácil de identificar polo seu característico cheiro. De feito, o seu nome provén da antiga palabra grega thymus, que significa perfume.
Ten poucos efectos negativos e propiedades moi beneficiosas. Imos ver en que pode axudarche esta herba, máis aló de servir como condimento para aderezar comidas.
Principais propiedades do tomiño
O tomiño ten propiedades antibióticas
Esta planta ten unha alta carga de timol e carvacrol, o que a converte nunha das mellores herbas desinfectantes. E por iso pódese utilizar como un antibiótico natural e para evitar que as feridas se infecten.
É dixestivo
En canto ao sistema dixestivo, é un gran reforzo debido ás súas propiedades antipiréticas. Por tanto, non só mellora o sabor dos alimentos, tamén facilita a súa dixestión. O seu uso evita que se formen gases e retencións nos intestinos. Ademais, tamén serve para abrir o apetito.
O tomiño axúdache a tranquilizarte
O tomiño é como unha pílula natural relaxante e moi suave para durmir, en situacións de cansazo ou pesadez xeral. Unha infusión moi lixeira, a razón dunha cucharadiña por cunca de auga, axuda a conciliar o sono.
É antiinflamatorio
Esta planta ten propiedades antiinflamatorias, antiespasmódicas e analxésicas que axudan a aliviar a dor menstrual. Por iso, é efectiva evitando os problemas colaterais que causan cambios hormonais coma dor de cabeza, irritación estomacal, retención de líquidos e irritabilidade xeral.
A vantaxe de usar o tomiño é que carece dos efectos secundarios que os medicamentos adoitan producir. Entre estes destacan os vómitos, a somnolencia, as náuseas, a dor de cabeza, a diarrea ou os mareos.
Axuda a fortalecer os dentes e os ósos
O tomiño contén grandes niveis de calcio e fósforo, sendo estes dous nutrientes esenciais para un correcto funcionamento dos dentes e dos ósos.
É expectorante
Axuda a desconxestionar o aparello respiratorio cando a mucosidade é elevada.
Fortalece o sistema inmune
Grazas a que estimula a produción de leucocitos en sangue, o organismo protéxese ante axentes nocivos.
Valor nutricional del tomillo
Elemento | Por 100 g |
Enerxía | 396 kcal |
Proteínas | 9,11 g |
Grasas | 7,43 g |
Hidratos de carbono | 57,1 g |
Fibra | 18,6 g |
Auga | 7,8 g |
Principais nutrientes do tomiño por cada 100 gramos
- Calcio: 1.890 mg
- Ferro: 123 mg
- Magnesio: 220 mg
- Potasio: 814 mg
- Fósforo: 210 mg
O tomiño é unha planta segura, con poucas precaucións para seguir
O tomiño é seguro sempre que se consuma en cantidades normais. Só en inxestas realmente abusivas poderían causar malestar no sistema dixestivo, dor de cabeza ou mareos.
Para as persoas que queren usalo de forma tópica, como aceite, simplemente deben asegurarse antes de que non lles produce irritación. Como sempre, o consumo de calquera alimento debe controlarse especialmente durante o embarazo, o período de lactación e nos nenos.
Como ves, podes seguir condimentando as túas comidas con tomiño con total tranquilidade e sabendo que estás a axudar ao teu organismo en moitos aspectos. As mellores marcas desta planta pódelas atopar no teu Gadis habitual.
Non esquezas consultar as propiedades doutros alimentos como, por exemplo, o ravo vermello, as fabas, a pataca doce e os champiñóns crus.
Como preparar infusión de tomiño
Una das formas máis sinxelas de consumir tomiño en tomándoo en infusión. Aínda que non é o máis habitual, o seu sabor é excelente e os beneficios para o teu organismo tamén. Por isto, deixámosche aquí este vídeo sobre como preparar unha infusión de tomiño. É moi sinxelo!
Aínda que o consumo de tomiño ten todos os beneficios xa mencionados, tomalo en infusión axuda especialmente nos seguintes casos:
- Dores da regra.
- Dores de moa e similares.
- Conxestión nasal e infeccións do sistema respiratorio