Prato Alimentes: un kit sustentable
En Gadis temos un forte compromiso coa sustentabilidade en todas as súas versións e cada un dos produtos e accións que desenvolvemos facémolos en clave sostible para coidar da nosa saúde e da do planeta. Nas nosas tendas apostamos pola redución do plástico dun só uso e apoiamos o uso doutros materiais con maior capacidade de reciclaxe. Ademais, temos un proceso de loxística optimizado para reutilizar ou reciclar todo aquilo que chega ás nosas plataformas e tendas (cartóns, madeira, plásticos… ) que recentemente foi premiado co prestixioso selo internacional “Residuo cero” do Grupo Saica. Este selo acredita que damos unha nova vida a máis do 95% dos residuos que xeramos na nosa plataforma loxística central de Betanzos.
Como non podía ser doutra forma, o Prato Alimentes: o menú saudable, o obsequio que ofrecemos a cada escolar co programa Alimentes, é un kit 100% sustentable. Contámoscho a continuación!
O kit Prato Alimentes, un kit sustentable
O Prato Alimentes: o menú saudable está inspirado no famoso Prato para Comer Saudable da Universidade de Harvard. O coñecido como Prato de Harvard é unha guía visual para as principais comidas do día que se deberían de dividir en: metade do prato de verduras e froitas, un cuarto do prato de proteínas saudables e o outro cuarto de prato en grans integrais. O deseño do prato foi creado no ano 2011 pola prestixiosa universidade americana e desde entón converteuse nunha revolución á hora de planificar e executar os menús en moitos fogares, substituíndo á tradicional pirámide dos alimentos.
O Prato Alimentes: o menú saudable está inspirado na mencionada guía visual e divide os alimentos de cada comida da seguinte maneira:
● Unha metade dedicada ás verduras e froitas como base da alimentación de cada comida.
● Un cuarto dedicado ás proteínas saudables como peixes ou carnes brancas.
● Un cuarto para os grans integrais entre os que poden estar as pastas, o pan ou outros cereais menos habituais na nosa dieta como a quinoa.
● Ademais, débense priorizar as graxas saudables como o Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) e a inxesta de auga como bebida principal.
A sustentabilidade no Prato Alimentes: o menú saudable está tanto no seu contido como na súa produción. Por unha banda, promover unha alimentación saudable e con base nas verduras e froitas é beneficioso para o planeta e para a nosa saúde. Ademais, se lle sumamos que sexan alimentos de proximidade e de tempada, a sustentabilidade está totalmente garantida. Doutra banda, o kit do Prato Alimentes na actualidade está composto por un prato realizado en plástico biodegradable, un folleto informativo con receitas e unha bolsa, ambos de papel reciclable. Ademais, a produción do prato realízase dentro da Unión Europea, concretamente en España, igual que os folletos e sobres, reducindo a pegada de carbono do produto ao máximo.
Reutiliza o Prato Alimentes
Non hai maior sustentabilidade que reducir ao máximo o noso consumo. A economía circular é un modelo alternativo á economía lineal que avoga por “compartir, alugar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posible para crear un valor engadido. Desta forma, o ciclo de vida dos produtos esténdese” tal e como describe o Parlamento Europeo. Baixo esta premisa o mellor residuo é o que non se xera e propoñémosche unha boa cantidade de trucos para utilizar o teu kit do Prato Alimentes todas as veces que sexa necesario:
● Coloca o folleto nun espazo visible, para poder revisar con frecuencia as receitas, pero que estea protexido da cociña e da humidade. Cun imán na neveira pode ser un bo espazo, desta forma conservaralo durante máis tempo. Despois podes usalo para facer algunha figura de papiroflexia.
● A bolsa de papel do envoltorio pode servir para enviar a merenda ao cole unas cantas veces. Despois poderás depositala nos contedores de papel e cartón da túa localidade para a súa correcta reciclaxe.
● O Prato Alimentes está fabricado cun plástico biodegradable e para uso alimentario, pero antes de refugalo debería ter moita vida útil. Ademais do seu uso diario como prato é un instrumento xenial para xogar cos nosos nenos e nenas a crear menús saudables. E con imaxinación e uns cuantos materiais pódese transformar nun OVNI, nun barco, nun instrumento musical, como un tambor ou unha pandeireta,… Creatividade ao poder!
Como conseguir o Prato Alimentes
O Prato Alimentes: o menú saudable é un dos obsequios que en Gadis ofrecemos aos escolares que finalizan o programa Alimentes. O noso compromiso coa educación de calidade realízase desde hai máis de 25 anos, primeiro con visitas escolares aos nosos centros e despois coa evolución destas ao noso programa pola sustentabilidade, Alimentes. No ano 2020 transformamos Alimentes nun programa dixital e, na actualidade, Alimentes Dixital formou a máis de 26.000 escolares e 1.200 profesores e profesoras, entre o 2021 e o 2022. Todos eles recibiron o seu kit do Prato Alimentes: o menú saudable para seguir traballando pola nosa saúde e a do planeta.
Se es docente e tes interese en compartir unha vida máis sostible co teu alumnado, podes participar no programa Alimentes do ano 2023. Na web gadis.es/saudable/alimentes-dixital/ atoparás a información para participar e conseguir o kit Prato Alimentes: o menú saudable.