
#GadisInforma
Coas nosas últimas receitas e consellos para unha alimentación saudable para ti e toda a túa familia.
Decálogo para unha
Vida saúdable .
1 .
Consume unha gran variedade de alimentos
Así será maior a posibilidade de que a túa alimentación sexa equilibrada e conteña os nutrientes necesarios.

2 .
Prioriza os produtos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

3 .
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lembra beber unha cantidade abundante de auga ó longo do día.

4 .
Limita o consumo de doces, refrescos e larpeiradas
Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

5 .
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcol e o sedentarismo son tremendamente prexudiciais.

6 .
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada á túa idade e estado, que che permita desfrutar e coidarte.

7 .
Durme ben e suficiente
É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

8 .
Recibe luz solar
Fóra das horas de maior exposición axuda a un correcto funcionamento do organismo.

9 .
Acaba co estrés
É un grave factor de risco. Aprende a controlalo e afástao do teu día a día.

10 .
Ri, conversa, debate e aprende en comunidade
As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.

Decálogo para unha
Vida sostible .
1 .
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respectan o ciclo natural, xeran riqueza na contorna e chegan máis frescos e saborosos.

2 .
Le as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.

3 .
Aumenta o número de compras á semana
Permitirache ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.

4 .
Conxela ou aproveita os alimentos restantes
Inventa novas receitas para evitar que acaben no lixo.

5 .
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.

6 .
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
Usas bolsas biodegradables para o cubo do lixo, son máis prácticas, hixiénicas e respectuosas co medio ambiente.

7 .
Fíxate no envoltorio dos produtos
Son preferibles os que son de cartón ou vidro que os que son de plástico e, en xeral, mellor cantas máis embalaxes teñan.

8 .
Fai un uso racional da auga
Evita deixar billas abertas innecesariamente ou opcións de prelavado no lavalouzas ou lavadora.

9 .
Lembra apagar as luces e desenchufar cargadores
Usa lámpadas de alto rendemento e baixo consumo e fai un uso adecuado da calefacción e/ou aire acondicionado.

10 .
Intenta non utilizar pilas
Se o fas, que sexan recargables e acaben correctamente depositadas no seu contedor.
