(galego) A pel dos melocotóns é boa? Pódese comer?

Fecha: septiembre 23, 2020

[:gl]Pelados ou non, os melocotóns son moi nutritivos e unha das froitas de tempada máis demandadas. Como hai persoas que din que si e outras que non, hoxe vamos a aclararche se se come a pel do melocotón e se é bo facelo.
Aínda que o vamos a ver con máis detalle, a resposta é que si se pode. Pero tampouco pasa nada se prefires quitarlla. A pesares de que o seu sabor non é desagradable, aínda que ten un toque ácido, hai xente que prefire pelar a pel, por mor da súa textura peluda. Esta é así porque lle serve ó melocotón como unha capa de protección extra e protéxeo fronte a insectos e outros ataques.

Cómese a pel do melocotón?

A pel do melocotón e deliciosa e podes comela sempre que a laves ben. Esta froita, xunto coa pel, é moi saudable. Os melocotóns conteñen boas cantidades de fibra, que se atopa principalmente na pel.
Esta conten, ademais, boas cantidades de vitamina A e C, así como outros desoxidantes. A fibra da pel do melocotón beneficia ó corpo e pode axudar a perder peso.
melocotones ricos

É bo comer melocotón con pel?

Pelar a pel da froita pode variar o seu sabor e tamén afecta ó perfil de nutrientes. A pel contén fibra e moitas vitaminas que poden estar presentes ou non na polpa da froita, polo que é un hábito saudable comer a pel dos melocotóns e a maioría doutras froitas como mazás, peras, cirolas, etc.
En concreto, comer a pel do melocotón é saudable, xa que contén moita fibra, nutrientes e desoxidantes. De feito, eliminar a pel do melocotón da como resultado a perda de entre un 13 e un 48 por cento dos seus desoxidantes.
Así que, xa sabes, pásate por Gadis, merca os melocotóns máis frescos, límpaos debidamente e desfruta de bocados deliciosos e nutritivos sen necesidade de pelar a pel.[:]