De que están feitas en realidade as gulas?
As angulas, crías das anguías, son un produto do mar moi valorado nos mercados. E na gastronomía. De feito, é realmente caro, moi lonxe de poder ser consumido de xeito habitual. Por iso, naceron alternativas máis asumibles para os consumidores, como as gulas. Pero, de que están feitas en realidade.
Son as gulas e as angulas o mesmo? A verdade é que non. Difiren, principalmente, en que a angula é o produto directamente extraído do mar, tal e como se atopa na natureza, mentres que as gulas son un elaborado a base de outros.
Entón, que son realmente as gulas?
As gulas son un produto sucedáneo das angulas, que está elaborado a partires de pescado prensado, tamén coñecido como surimi. E que é en realidade este surimi? Pois recoñeceralo sinxelamente se che dicimos que son eses pequenos paus de cangrexo que mercas para as túas ensaladas. Componse dunha mestura de certos pescados con aceites vexetais, clara de ovo, proteína de soia, aromas, etc.
Son sas as gulas?
Si, moitas persoas comezan a desconfiar das gulas cando coñecen a súa composición. Pero realmente os seus ingredientes son recomendables. De feito, o resultado da mestura que deriva nas gulas é un produto de alto valor nutricional, cargado de proteínas e con moi pouca graxa.
Sempre che gustaron as gulas? Pois agora xa sabes que podes comelas con total tranquilidade. Grazas ó seu prezo, son unha opción fantástica para comer unha gran variedade de combinacións. Para os amantes do clásico, simplemente aliñadas con aceite e un pouco de allo, están fantásticas.
Pero tamén podes usar gulas para elaborar ensaladas, un revolto con ovos e un pouco de xamón, etc. En Gadis atoparás unha gran variedade de gulas, obtidas de fabricantes de confianza que utilizan os mellores ingredientes para a súa elaboración.