4 comidas baixas en calorías e lixeiras, pero moi nutritivas
As comidas baixas en calorías teñen moitos beneficios para as persoas que están a tratar de perder peso. Con todo, diversos estudos recentes tamén demostraron que estas comidas son ideais para atrasar o envellecemento. Hoxe en Gadis Saudable queremos mostrarche ata 4 comidas baixas en calorías e lixeiras, pero moi nutritivas.
Unha dieta baixa en calorías achégalle ao teu organismo os nutrientes suficientes para manterse saudable. Ademais, axúdache a rebaixar o peso corporal, o que redundará nunha maior calidade de vida e nunha mellora da auto estima. É hora, pois, de que inclúas na túa rutina diaria algunhas destas comidas baixas en calorías e lixeiras que che beneficiarán.
Comidas baixas en calorías
A Organización Mundial da Saúde estima que, a diario, deben consumirse unha media de 2.000/2.500 calorías nos homes e 1.500/2.000 calorías nas mulleres. Se estás a buscar perder peso ou se queres aumentar a túa masa muscular, podes usar unha calculadora de calorías na internet para saber cantas calorías plrecisa o teu corpo. Para axudarche, brindámosche aquí algunhas comidas baixas en calorías que podes preparar facilmente na casa para ti e os teus.
Verduras estofadas sen graxas
100 gramos de cebola, un dente de allo, unha cenoria, 150 gramos de xudías verdes planas, 10 champiñóns, 1 folla de loureiro, viño branco, pemento doce, un tomate e sal son os ingredientes que necesitas para preparar unhas verduras estofadas sen graxas. Unha comida baixa en calorías e moi lixeira.
Todos os ingredientes van á cazola en cru e cócense xuntos. Terás que cortar as verduras duras en anacos pequenos e as brandas en anacos máis grandes. Ao meter as verduras na cazola, engádenselle a folla de loureiro, o pemento, pementa negra, viño branco e sal. Só tes que tapar a cazola e cocer a lume medio-alto durante 20 minutos.
Lentellas sen graxas
A quen non lle gusta un bo guiso de lentellas? Agora podes converter este alimento nunha comida baixa en calorías ao preparalo sen graxas. Necesitarás 350 gramos de lentellas, dous dentes de allo, un pouco de loureiro, cebola, cenoria, un pemento vermello e outro verde, sal, pementa negra e pemento doce.
En primeiro lugar, hai que lavar e pelar todas as verduras e introducilas nunha pota a presión coas lentellas sen remollar, o loureiro e unha cucharadita de pemento. Engade auga para cubrir os ingredientes e pecha a pota. Cando saia o vapor, baixa a intensidade do lume e mantén todo 15 minutos. Logo só tes que apagar o lume, deixar que o vapor saia, abrir a pota e retirar as verduras.
Peitugas de polo ao forno
As peitugas de polo ao forno son unha comida baixa en calorías, moi lixeira e fácil de preparar. Para facela precisas 2 peitugas de polo, auga, sal, zume de limón, mostaza, pemento doce e picante, comiño, allo, aceite de oliva e pementa negra moída. É moi importante que retires calquera exceso de graxa das peitugas antes de facelas.
Comidas baixas en calorías e lixeiras
Introduce as peitugas nun recipiente con auga e déixaas repousar 2 horas na neveira. Prequenta o forno a 200 graos e unta as peitugas cun chorriño de aceite de oliva. Engade logo a pementa negra, o zume de limón, a mostaza e o pemento doce e picante. Todo isto telo que enfornar uns 25-30 minutos e listo.
Salmón en forno ao papillote
O salmón é un peixe que se pode preparar de múltiples maneiras. Para facelo ao papillote, necesitarás cebola, pemento verde, dúas cenorias, pementa negra moída, sal e 200 gramos de salmón. Hai que cortar todas as verduras, en primeiro lugar, e poñelas en papel de forno engadindo sal, viño branco, aceite de oliva e auga.
Despois colócase o salmón cortado en anacos sobre as verduras e cocíñase todo no microondas durante 4 minutos a potencia máxima. Se o queres facer ao forno, terás que prequentalo a 200 graos e enfornar logo durante 15 minutos.