Champiñón crú en ensalada, si ou non?
Son os champiñóns crús malos? A verdade é que unha pregunta que segue xerando moitos debates. Hai certos profesionais da saúde que non os recomendan e outros que din que é improbable que causen algún problema ó noso corpo. En calquera caso, hoxe vamos a analizar un pouco máis en detalle isto, para que poidas comer champiñóns coas túas ensaladas con total tranquilidade.
Son malos os champiñóns crús?
Algúns doutores din que todos os champiñóns son esencialmente indixeribles se se comen crús, por mor das súas duras paredes celulares e a que, para liberar os seus nutrientes, deben cociñarse.
O máis importante, segundo eles, é que certos champiñóns conteñen pequenas cantidades de toxinas, incluída a agaritina, un composto considerado canceríxeno que se destrúe a través da cocción.
Sen embargo, esta tamén se descompón cando os champiñóns se refrixeran, secan ou mesmo se almacena. Como resultado, os champiñóns crús que atopas nos teus supermercados Gadis conteñen unha fracción moi pequena desta substancia. Ademais, estudouse que a cantidade de agaritina á que está exposto o típico comedor de champiñóns ó largo da súa vida non pode producir un cancro de por si.
Que propiedades teñen os champiñóns crús?
Non se coñecen grandes diferencias entre as propiedades dos champiñóns crús e os cociñados. En xeral, comelos é beneficioso por mor da gran cantidade de desoxidantes que aportan ó noso organismo. Ademais, son moi baixos en sodio.
Tamén son unha gran fonte de vitamina D. De feito, cubrirías as túas necesidades diarias dela con só 85 gramos de champiñóns. Tamén conteñen outras vitaminas importantes, como as B2, B9, B1, B5 e B3, que axudan ó corpo a utilizar a enerxía dos alimentos que consumimos e a producir glóbulos vermellos.
Ideas de ensaladas con champiñóns crús
Agora que xa sabes que podes comer champiñóns crús sen problema, estas son algunhas fantásticas ideas de ensaladas:
- Ensalada de champiñóns con vinagreta de limón.
- Ensalada con espinacas, améndoas e champiñóns.
- Ensalada de canónigos e champiñóns crús.
- Ensalada de champiñóns crús con queixo.