![tipos de uvas](https://www.gadis.es/saludable/wp-content/uploads/2023/02/Cuantos-tipos-de-uvas-hay.jpg)
Cantos tipos de uvas hai? Cales son as súas propiedades?
As uvas son unha froita que se caracteriza polo seu sabor doce e a súa pel fina. Utilíznase amplamente na produción de viño, pero tamén na preparación de marmeladas, mollos e outros produtos alimenticios. Hoxe imos coñecer cales son os tipos de uvas que existen e as súas principais propiedades.
Existen numerosas variedades de uva, cada unha co seu propio sabor, tamaño e cor. Algunhas uvas son máis doces, mentres que outras son máis acedas ou amargas. Si podemos falar, en todos os casos, dunha froita moi versátil e deliciosa que se pode gozar fresca, seca ou procesada.
Que propiedades ten a uva?
As uvas teñen unha serie de propiedades beneficiosas para a saúde. Sen ir máis lonxe, son ricas en antioxidantes, polo que axudan a protexer as células do corpo do dano oxidativo. Á súa vez, tamén conteñen polifenoles que potencian as propiedades antiinflamatorias desta froita.
Doutra banda, as uvas son unha fonte importante de vitamina C, azucres naturais (frutosa e glicosa) e fibra. Os azucres naturais encárganse de proporcionar máis enerxía ao teu corpo. Tamén hai que destacar que as uvas conteñen unha pequena cantidade de ferro. É por iso que se trata dunha froita moi beneficiosa para facer fronte aos problemas de anemia.
Tipos de uva segundo a súa cor
Una das principais clasificacións dos tipos de uva débese á cor que presentan. A cor das uvas débese á presenza de pigmentos naturais na pel. As uvas vermellas, por exemplo, conteñen antocianinas, un pigmento de cor vermella; as uvas brancas posúen clorofila para darlle o seu toque verde, mentres que as negras teñen unha combinación dos dous compostos anteriores.
Uva negra
Un dos tipos de uva máis habituais é a uva negra. Esta variedade caracterízase pola súa pel escura e a súa polpa doce e zumarenta. Unha das súas principais características é o seu alto contido en antioxidantes e en vitaminas C e K. Tamén contén minerais coma o ferro e o calcio.
En canto ao seu sabor, a uva negra ten unha combinación de dozura e acidez que a fai ideal para comer soa ou como ingrediente en ensaladas e sobremesas. Tamén se utiliza na elaboración de viños de alta calidade. Hai que falar, por tanto, da súa versatilidade culinaria, xa que se pode comer fresca, conxelada ou en forma do seu zume. A súa pel resistente faia ideal para transportar e almacenar. Unha das razóns de que a podamos atopar facilmente en calquera época do ano.
Uva branca
A uva branca, pola súa banda, posúe a pel de cor verde ou amarelo pálido. A súa polpa é doce e zumarenta e caracterízase, especialmente, por ser un dos tipos de uvas cun sabor máis suave e un aroma afroitado e fresco. Estas uvas utilízanse, sobre todo, para a elaboración de viños brancos e espumosos, pero tamén para consumir como froita fresca.
A súa pel é delgada e suave, o que lle dá unha textura cruocante e fácil de mastigar. Do mesmo xeito que as uvas negras, destaca polas súas propiedades antioxidantes e por ser unha fonte importante de vitaminas e minerais. Ademais, o seu baixo contido en calorías fai desta froita un alimento ideal para incluír en dietas equilibradas.
Uva vermella
O terceiro dos tipos de uvas máis comúns é a uva vermella. Coñecida tamén como uva tinta, caracterízase por ter unha pel de cor vermella ou morado escuro e unha polpa zumarenta e doce. A diferenza das uvas brancas, as vermellas conteñen unha maior cantidade de antioxidantes e compostos beneficiosos para a saúde.
As uvas vermellas tamén se utilizan para a elaboración de viños tintos, xa que a súa pel e sementes engaden sabor, cor e taninos á mestura. As uvas vermellas poden variar de sabor, desde as máis doces ás máis acedas, e pódense atopar en diferentes tamaños e formas dependendo da variedade á que pertenzan.
Atopa a mellor selección de variedades de uva en Gadis, o teu supermercado de confianza
Nos nosos supermercados Gadis vas poder atopar cada día a maior variedade de tipos de uvas. Unha selección de produtos frescos e saudables para que poidas incluílos na túa dieta e aproveitar todas as súas propiedades beneficiosas. Ofrecémosche a mellor relación calidade-prezo do mercado para que poidas aforrar no teu carro da compra.
Consulta na nosa web os folletos e catálogos de cada semana para coñecer todas as ofertas que temos preparadas para ti. Inclúe as uvas en calquera variedade na túa compra para gozar dunha das froitas máis deliciosas e versátiles da cociña.