Beneficios e contraindicacións das acelgas
Hai documentos que acreditan que as acelgas son un produto alimenticio dende fai xa seis milenios. Trátase, pois, dunha das verduras máis antigas que se cultivan e se coñecen. Dende sempre faláronnos das vantaxes que supón comer acelgas. Pero, cales son, en realidade, os beneficios e contraindicacións das acelgas?
A acelga é un vexetal de follas grandes e carnosas. Cultívase, especialmente, en climas tépedos de zonas costeiras ou en terreos salinos. O certo é que podes atopar acelgas durante todo o ano, aínda que a época máis propicia para comelas é en outono ou en inverno. Serán as épocas nas que poidamos apreciar mellor o seu sabor e todas as súas propiedades.
Beneficios das acelgas
Os beneficios das acelgas son moitos e variados, grazas ós seus altos contidos en vitaminas e minerais. Sen ir máis lonxe, o calcio, o magnesio e a vitamina K que conteñen son ideais para coidar e conservar a saúde ósea do organismo. Por tanto, as acelgas favorecen a saúde dos ósos.
Ademais, as acelgas conteñen propiedades desoxidantes e fitonutrientes que regulan a presión arterial. O seu consumo prevén o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares. Ademais, as acelgas conteñen ferro e cobre, dous elementos que regulan a circulación sanguínea, reducen o colesterol e favorecen a coagulación.
O baixo contido calórico das acelgas permite que sexa un alimento ideal para incluír nas dietas de adelgazamento. Así mesmo, é unha gran fonte de fibra para facilitar a dixestión e o tránsito intestinal. Por outro lado, as acelgas conteñen iodo, betacarotenos e ácido fólico. Este último, un compoñente moi importante para as embarazadas. O iodo, pola súa parte, vai favorecer que a glándula tiroides poida producir as hormonas que precisa.
Un dos beneficios das acelgas menos coñecido é que posúe biotina. Esta vitamina contribúe a estimular os folículos pilosos e a aumentar o brillo e a textura do pelo. Pero, ó mesmo tempo, é encargada tamén, xunto a outras vitaminas das acelgas, de regular o sebo da pel.
Contraindicacións das acelgas
A pesar do que moitos poidan pensar, tamén podemos atopar contraindicacións nas acelgas. Hai que destacar, en primeiro lugar, a presenza nesta verdura do ácido oxálico, un compoñente que resulta prexudicial para aquelas persoas que teñen problemas de cálculos renais ou gota.
Ademais, o alto contido en vitamina K das acelgas non é beneficioso para aquelas persoas que toman anticoagulantes. De feito, esta vitamina K o que fai é coagular o sangue, polo que o consumo desta verdura vai interferir no efecto que poidan ter eses medicamentos.
O consumo excesivo de acelgas está tamén contraindicado nos bebés menores de 1 ano, xa que pode dar lugar ó síndrome do bebé azul. Este trastorno dáse especialmente naqueles bebés expostos a altas concentracións de nitratos nos alimentos. E as acelgas, precisamente, posúen un contido importante en nitratos.
Non obstante, hai que dicir que as acelgas contan con múltiples vitaminas e minerais e moi poucas calorías. Unha das hortalizas perfectas para incluír en calquera dieta sa e equilibrada e que posúe diversas propiedades nutricionais máis que interesantes. Aínda que nunca está de máis coñecer cales son os beneficios e as contraindicacións das acelgas.