Beneficios dos ravos vermellos, propiedades e contraindicacións
O ravo é unha planta da que se pode comer unha parte da súa raíz, a que atoparás nos teus supermercados Gadis con ese mesmo nome. Están catalogados como vexetais e hainos de formas distintas. Uns son redondos e outros moi similares á forma de cenoria, aínda que xeralmente máis redondeadas e terminados en punta. Hoxe contámosche cales son os beneficios e as propiedades do ravo vermello.
A forma máis común de comelos é unha ensalada. Teñen un sabor que tira cara o picante, pero é realmente suave. Adáptanse a unha gran cantidade de combinacións precisamente por iso, porque non “acaparan” a receita en canto a sabor.
As propiedades do ravo vermello, excelentes para adelgazar
O ravo está moi indicado para adelgazar porque máis do 95% é auga. Isto facilita a dixestión, é imprescindible para todos os procesos do corpo e, ademais, axuda a saciar sen necesidade de comer unha gran cantidade de alimentos.
De feito, só un 0,54% do ravo é graxa e un 0,6% é proteína (cada 100 gramos conteñen 20 quilocalorías). Entre os seus demais nutrientes, destacada un 1,6% de fibra e case un 4% de carbohidratos. Se estás buscando ensaladas lixeiras, saudables e que sacien, este é un alimento ideal.
O ravo é rico en potasio e calcio, ademais de ter pequenas cantidades de magnesio, fósforo, ferro, zinc, selenio, cobre e sodio. Tamén conteñen moita vitamina, especialmente a C e a B9, así como pequenas cantidades de outras vitaminas B.
Beneficios dos ravos
A cor vermella do ravo provén do pigmento vermello da planta, a antocianina. Esta actúa coma un poderoso desoxidante no corpo que prevén enfermidades cardiovasculares ó protexer as nosas células do dano. Ademais, proporcionan unha molécula única chamada indol-3-carbinol (I3C), que reduce a inflamación.
Os ravos tamén son unha excelente fonte de potasio. Este mineral apoia o equilibrio adecuado de líquidos no corpo, ó actuar como diurético. Outro gran beneficio dos ravos vermellos é o seu poder de desintoxicación no fígado, ó estimular a síntese de bile.
Comer moito ravo é malo?
O ravo ten propiedades diuréticas que estimulan a produción de urina. Pero se se consome en exceso, podería provocar unha perda excesiva de auga que resulte en deshidratación. Obviamente, estamos a falar de cantidades moi grandes que non é habitual comer. Tamén pode producir presión arterial baixa e non están recomendados para persoas con cálculos biliares ou mulleres embarazadas.