
Comer laranxas en xaxún – beneficios e contraindicacións
As froitas son unha parte esencial da alimentación saudable. É importante comelas e a calquera hora. Sen embargo, se queres mergullarte aínda máis no mundo de a que hora é mellor comer cada alimento, é posible que che interese coñecer as contraindicacións das laranxas en xaxún ou se é bo comelas co estómago baleiro.
En realidade, que poidan sentarche ben ou mal dependerá un pouco do teu organismo. Cada persoa responde distinto ás comidas e alimentos. Así que hoxe vamos a explicarche os puntos a favor e en contra de comer laranxas en xaxún, para que decidas se inxerilas pola mañá ou máis adiante ó longo do día. Iso si, dende Gadis recomendamos que, sexa cando sexa, formen parte da túa dieta saudable, polo seu incrible aporte de nutrientes e, especialmente, de vitamina C.
Contraindicacións do zume de laranxa en xaxún
Comer cítricos co estómago baleiro pode aumentar a produción de ácido. Ademais, demasiada fibra e frutosa pode facer que o teu sistema dixestivo sexa máis lento se se come co estómago baleiro. Polo tanto, se o teu metabolismo xa é lento de por si ou sofres de acidez de forma regular, quizais comer laranxas en xaxún non sexa o mellor para ti.
É bo comer laranxas en xaxún?
Por outro lado, o ácido cítrico non é tan forte como se di. Raramente pode danar un sistema dixestivo e moito menos se de forma xeral tes un bo estado de saúde. Nese caso, para ti si que pode ser bo comer laranxas en xaxún, xa que así garantes absorber por completo os seus nutrientes.
As laranxas son ben coñecidas polo seu contido de vitamina C. Esta vitamina é un dos desoxidantes máis poderosos que podes atopar en calquera alimento. Axuda a reparar o dano no corpo e a previr enfermidades. Polo tanto, é moi recomendable comelas. Se tes problemas de acidez, déixaas para a merenda. Do contrario, tamén podes desfrutar delas en xaxún e/ou en forma dun bo zume pola mañá.