Se che apetece algo doce pero sen complicarte nin saírte do todo do saudable, este snack de chocolate, plátano e cacahuetes vai ser a túa nova obsesión. Prepárase en nada, só necesitas tres ingredientes e nada de forno. A combinación é desas que nunca fallan: o doce natural do plátano, o toque crocante e salgado do cacahuete e ese caprichiño de chocolate que o une todo. Ideal para a media tarde, despois de adestrar ou simplemente cando che entra o antoxo. Doado, rico e con ingredientes que seguro xa tes na casa.
Cortar en talladas 3 plátanos, estender as talladas nunha folla de papel vexetal, cubrir con outra folla de papel vexetal e esmagar cun rolete ou cun vaso, por exemplo.
Destapar e engadir a crema de cacahuete e estender.
Derreter o chocolate no microondas de 30 segundos en 30 segundos para evitar que se queime e estender sobra a capa de plátano e de crema de cacahuete.
Decorar cuns cacahuetes triturados, poden ser fritos con mel ou naturais para facelo máis san.