Go Back
+ servings

Quiche de cebola caramelizada e queixo gruyere

Delicada, cremosa e con ese toque doce que lle dá a cebola caramelizada, esta quiche con queixo gruyere é unha desas receitas que sempre quedan ben. Semella sofisticada, pero en realidade é moi doada de preparar, e o mellor é que serve para todo: un brunch con amigos, unha comida lixeira ou mesmo para levar nun tupper ao traballo. O gruyere dalle un sabor intenso e lixeiramente afumado que combina de marabilla coa suavidade da cebola cociñada amodo. Eu fágoa moito cando quero sorprender sen pasarme horas na cociña. Pódese comer quente, témpeda ou fría... versatilidade total e sabor asegurado!
Etiqueta/s:Cea, Cebola caramelizada, Queixo, Quiche, Xantar
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción45 minutes
Caramelizar cebola45 minutes
Tempo total1 hour 45 minutes
Prato Prato principal
Cociña Francesa
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Tixola
  • Molde desmontable
  • Relador de queixo

Ingredientes
  

  • 1 ud masa quebrada
  • 150 g queixo gruyere
  • 100 g guanciale
  • 3 uds cebolas medianas
  • 1 cda azucre moreno
  • 3 uds ovos
  • 200 ml nata líquida
  • Sal
  • Pementa
  • Tomiño fresco

Elaboración paso a paso
 

  • O primeiro é preparar a cebola caramelizada. Para iso, cortamos en xuliana as cebolas e pasámolas nunha tixola cunha cullerada de aceite de oliva a lume suave durante 45 minutos remexendo de cando en vez. Se queremos acelerar o proceso, pasados 30 minutos engadimos unha cullerada de azucre moreno, remexemos e estará lista.
  • Dispoñer a masa nun molde, lixeiramente engraxado, cortando os bordos. Picar a masa, poñer papel de forno con peso (uns garavanzos, por exemplo) e enfornar a 180 graos 10 minutos. Retirar o peso, enfornar 10 minutos máis.
  • Fritir o guanciale, soltará moita graxa. Podemos deixalo sobre papel absorbente para retirar o exceso.
  • Nun bol, bater os ovos coa nata, o sal e a pementa.
  • Relar o queixo.
  • Sacar do forno a base, algo dourada xa debería estar. Engadir o queixo, a cebola caramelizada, o guanciale, a mestura de ovos e nata, máis queixo e tomiño fresco.

Notas

Pódese comer quente ou fría.