Este biscoito é doado de preparar e destaca pola súa textura esponxosa e polo seu sabor suave, grazas á combinación de chocolate branco e leite condensado. É unha sobremesa doce e delicada, perfecta para acompañar con café ou té na merenda. A súa preparación non require de técnicas complicadas, polo que é ideal tanto para principiantes como para quen busca un biscoito caseiro cun toque especial.
Prequentamos o forno a 175°C con calor arriba e abaixo..
Nun cazo ou un bol resistente á calor, derretemos o chocolate branco xunto coa manteiga a lume baixo e ao baño maría. Remexemos ata que estean completamente integrados.
Peneiramos a fariña, o fermento químico e o sal nun bol. Reservamos.
Cando o chocolate e a manteiga estean listos, engadimos os ovos un por un, batendo con varas ata que cad aun se integre completamente, antes de engadir o seguinte.
Incorporamos o azucre e mais o leite condensado batendo ata obter unha pasta homoxénea. Logo, engadimos o iogur natural e mesturamos ben.
Agregamos a mestura peneirada de fariña, levadura e sal. Batemos suavemente ata que non queden restos de fariña, evitando sobrebater a masa.
Relamos o chocolate negro e integrámolo con movementos envolventes usando unha espátula pasteleira.
Engraxamos un molde para biscoito con manteiga e enfariñámolo. Vertemos a masa dentro e alisamos coa espátula.
Levamos o bicoito ao forno a 175°C durante 40 minutos ou ata que ao picar cun escarvadentes ou cun garfo, saia limpo.
Sacamos o biscoito do forno e deixamos que repouse 10 minutos dentro do molde. Depois, desmoldamos con coidado e colocámolo sobre unha reixa ata que arrefríe por completo.
Notas
Non bater de máis a masa para que o biscoito quede esponxoso. Usar ingredientes a temperatura ambiente para unha mellor integración.