Picamos e pochamos a cebola a lume lento, salpimentamos.
Limpamos, partimos e salpimentamos a sepia.
Escorremos o exceso de aceite do sofritido, engadimos a Sepia, salteamos un minuto.
Botamos 50ml de Albariño, deixamos reducir.
Cubrimos co fumet, deixamos 2/3min a lume alto, tapamos e deixamos 45min a lume moi baixo.
Nunha tixola botamos un chorrito de aceite, relamos o allo, douramos un pouco, agregamos as gambas secas con papel absorbente, salteamos uns minutos, salpimentamos e agregamos ao final da cocción do guiso.
Incorporamos a sepia e as gambas á salsa, quentamos todo xunto, servimos cun toque de perexil recentemente picado, podemos acompañar dunhas patacas cocidas, fritas, arroz branco...