É o momento de buscar receitas sas, ricas, fáciles e que, coma nesta, coidando a cantidade de aceite de oliva e de froitos secos, se converten en receitas de réxime.En pouco máis de 10 minutos podedes ter esta receita lista que, ademais, está moi rica tamén con outros peixes. Con pescada, por exemplo, pode quedar estupenda.
Mondamos e retirámoslles as sementes a dous tomates.
Nunha tixola, torramos 2 culleradas de piñóns. Reservamos
Cortamos a carne dos tomates en dados miúdos (concassé) e pasámolos nun pouco de aceite de oliva virxe.
Cando empecen a abrandar un pouquiño, (uns 3 minutos) engadimos as olivas negras picadas; deseguido, os piñóns e para terminar, o chorriño de vinagre.
Incorporamos a alfábega picada, mesturamos ben e... vinagreta lista!
METER NO FORNO
Mentres, introducimos os lombos de robaliza no forno só cun pouquiño de aceite, sal e pementas. En 5 minutos estarán feitos.
PRESENTACIÓN DO PRATO
Colocamos a robaliza na fonte ou prato de servir, cubrimos coa vinagreta aínda quente e acompañamos, por exemplo, cunhas simples pataquiñas cocidas ao vapor.