O día anterior deixamos desconxelar o peixe sapo no frigorífico.
Secamos con papel absorbente as colas de peixe sapo e sacamos as espiñas pequenas de arriba (tamén podemos retirar a central e presentar sen ela).
Salpementamos
Untamos ben de pemento doce.
Envolvemos en papel filme moi apertado
Cocemos en auga fervendo con sal 5 min.
Deixamos que arrefríe un pouco.
Refrixeramos mínimo dúa horas.
Mentres, preparamos a maionesa, emulsionamos lentamente o ovo co aceite, adubamos ao gusto cun chorriño de limón, sal ao gusto e reladura de laranxa e limón. Integramos ben.
Retiramos o papel filme, cortamos en toros, presentamos sobre herbas de cóengos acompañado da maionesa cítrica e ceboliño acabado de cortar.