Comezamos coa “carne de noces”: pasa a cebola e o allo ben picado cun chorriño de aceite e cun chisco de sal, agrega as noces picadas no procesador de alimentos ata que estean en formato po, o sal, o pemento doce, a salsa de soia, o tomate triturado e a auga. Mestura ben e deixa que se cociñe todo xunto a lume baixo 5 minutos.
Pasado ese tempo, corta unha lámina de masa follada en dúas e unta ¼ da carne de noz nun extremo, enrola ata formar un cilindro, repite coa outra metade e corta anacos dun par de cm de ancho; coloca nunha fonte apta para forno, pincela a superficie con aceite de oliva e mete no forno, co forno prequentado a 180ºC uns 15-20 minutos ou ata que se douren.
Mentres, quita o pé dos champiñóns e limpa os posibles restos de terra que poida haber neles. Enche coa metade da carne de noz restante, cubre con queixo vegano relado e cun chorriño de aceite de oliva, mete no forno tamén a 180ºC 10-15 min ata que o queixo se derreta.
Nun batedor ou procesador de alimentos, verte a margarina, o allo en po e o pirixel sen talos, tritura ata conseguir unha mestura suave e homoxénea, cubre con ela galletas salgadas ou coloca nunha cunca para dippear.