Pode que, coma min, nunca probases os Ferrero Rocher, pero asegúroche que esta versión glute free che vai encantar. Súper doados e rápidos, son perfectos para sorprender neste Nadal, non che parece?
Triturar as galletas coas abelás e mesturar coa Nutella. Dar forma arredondada e introducir unha abelá en cada boliña. Refrixerar 10 minutos.
Se queres que o sabor a abelá non sexa tan intenso, podes engadirlle unha culleradiña de cacao en po ao recheo do bombón e agregarlle améndoa en taquiños á cobertura. Os bombóns van estar boísimos!
Fundir o chocolate co AOVE (no microondas, a temperatura media, durante 2 minutos en intervalos de 30 segundos), retirar e deixar arrefriar. Triturar os flocos de millo coas abelás (só un pouco, para que queden en taquiños) e mesturar co chocolate. Bañar cada un dos bombóns e colocalos sobre papel sulfurizado ata que se solidifique o chocolate.
Triturar os flocos de milo coas abelás (só un pouco, para que queden en taquiños) e mesturar co chocolate.
Bañar cada un dos bombóns e colocalos sobre papel sulfurizado ata que se solidifique o chocolate.