Facemos un prefermento con leite morno, unha cullerada de azucre, fermendo e un par de culleradas de fariña. Remexemos ata facer unha pasta ben espesa.
Tapámola cun pouco de fariña para ir revisándoa, xa que, cando empece a levedar, esta vaise agretar e o prefermento empezará a asomar. Cando ocorra significa que está listo.
Botamos todos os ingredientes (menos o mel e o azucre), incluído o prefermento, no bol da amasadora e amasamos durante 12 minutos.
Deseguido, incorporamos o azucre, a esencia de azar e o mel/azucre invertido. Seguimos amasando outros 13 minutos para alcanzar un tempo de amasado total de 25 minutos.
Agora deixaremos fermentar a masa ata que dobre o volume. Podes tapala cunha manta/pano e deixar que levede lentamente.
Unha vez que dobre o volume, desgasificamos e dámoslle a forma do roscón. Poñémola na bandexa do forno con papel de forno e deixamos que volva levedar.
Unha vez que dobre o volume, poñemos a quentar o forno a 170ºC.
Pintamos a masa con xema de ovo e adornamos con azucre e anís e algunhas améndoas laminadas por enriba.
Metemos no forno durante 20/25 minutos ou ata que estea ben douradiño. Deixamos arrefriar e a desfrutar.