Picamos e pasamos a cebola nun fondo de aceite a lume lento. Engadimos sal e pementa.
Unha vez listo, engadimos o tomate pelado e picado. Deixamos reducir moi ben a lume medio ata que perda a auga, agregamos o caldo de peixe e volvemos deixar reducir moi ben.
Mentras, preparamos o bechamel, derretendo a manteiga. Engadimos a fariña e torramos uns segundos. Imos incorporando o leite paseniñamente. Engadimos sal e pementa e relamos noz moscada ao gusto.
Retiramos a pel do salmón e reservámola secándoa en papel absorbente.
Picamos o salmón, engadimos sal e pementa, refogamos, engadimos o rustrido e integramos todo ben. Apagamos o lume.
Hidratamos as placas de lasaña, pasamos a un pano e reservamos.
Botamos unhas 6 culleradas do bechamel ao rustrido.
Enchemos as placas coa zaragallada e colocámolas nunha fonte de forno. Acabamos con bechamel, relamos unha boa capa de queixo de cabra por enriba e gratinamos a 200° ata que se doure.
Mentres, salgamos e torramos a pel de salmón á plancha e retirámola a un papel absorbente.
Presentamos os nosos canelóns. Podemos decoralos con sementes de papoula e con anacos crocantes de pel de salmón.