Cortamos a faldra en anacos e salgamos.
Selamos nun fondo de aceite, douramos e reservamos.
No mesmo aceite, pasamos as verduras cortadas en anacos, o allo e a cebola. Un pouco despois, a cenoria e o pemento a lume medio baixo (non salgamos).
Coamos o aceite do rustrido.
Volvemos incorporar o cordeiro, mesturamos ben coas verduras, engadimos o tomate relado e subimos un pouco o lume. Deixamos que perda toda a auga.
Regamos co viño e deixamos reducir moi ben.
Engadimos 600 ml de auga quente (sen sal) e a ñora en anacos sen sementes. Tapamos e deixamos unha hora a lume moi baixo.
Coamos as verduras, esprememos moi ben todo o seu líquido. Pasamos o prebe a un cazo e deixamos reducir a lume alto ata obter a textura desexada. Probamos o punto de sal por se temos que rectificar. Acompañamos dunhas ricas patacas fritas, ensalada... segundo o gusto de cadaquén.