Go Back
Print
Recipe Image
–
+
servings
Smaller
Normal
Larger
Biscoito de Nadal con ananás e guindas
Biscoito do invertido con ananás e guindas perfecto para reunións de Nadal.
Unha sobremesa substancioso, tenro e esponxoso do que, sen dúbida, gozarán todos os teus invitados.
Autor/a:
Lola Crespo - Ñamlicioso
Etiqueta/s:
Almorzo, Ananás, Biscoito, Merenda, Nadal
Imprimir receita
Tempo de preparación
15
minutes
mins
Tempo de cocción
45
minutes
mins
Tempo total
1
hour
hr
Prato
Sobremesa
Cociña
Española
Racións
8
persoas
Equipamento
1 Molde
de 22 cm
1 peneira
1 Espátula
1 Batedor de varas
Ingredientes
1x
2x
3x
120
ml
caramelo líquido
8
toradas
de ananás
10
uds
guindas
125
g
manteiga
abrandada
180
g
azucre
3
uds
ovos
200
g
fariña
8
g
formento
60
ml
almibre de ananás
60
ml
leite
Elaboración paso a paso
Engraxar un molde desmontable de 22 centímetros.
Engadir caramelo na base e estender. Dispoñer o ananás e as guindas de forma bonita.
Nun bol, bater a manteiga co azucre co batedor de varas ata integrar. Engadir os ovos e bater.
Peneirar a fariña e incorporar o formento, mesturar coa espátula. Por último, agregar o almibre do ananás e mais o leite; bater ben.
Engadir esta mestura ao molde, dar uns lixeros golpes sobre a mesa para asentala e meter no forno a 180 graos 45 minutos.
Unha vez no forno, desmoldar aínda quente e dar a volta para que o caramelo e a froita quede na parte superior.
Deixar arrefriar antes de servir.
Video
https://www.gadis.es/receta/wp-content/uploads/2024/12/GADISA-BIZCOCHO-NAVIDAD-PINA-.mp4