Go Back
+ servings

Tiramisú de pistacho

Atrévete a facer este tiramisú con crema de pistacho, unha sobremesa fácil e deliciosa en menos de 20 minutos.
Etiqueta/s:Sen forno, Sobremesa doada
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo total20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Mediterránea
Racións 6 persoas

Equipamento

  • Batedor de varas
  • Espátula
  • Molde rectangular ou cadrado

Ingredientes
  

  • 3 ovos
  • 60 g azucre
  • 10 g crema de pistacho
  • 500 g mascarpone
  • 200 g biscoitos de almorzo
  • 300 ml café só
  • 50 g pistachos pelados
  • 1 pizca sal

Elaboración paso a paso
 

  • Bater as claras a punto de neve cun batedor de varas e engadir un chisco de sal.
  • Por outro lado, bater as xemas co azucre ata que dobren o volume.
  • Engadir o mascarpone e bater o conxunto.
  • Incorporar a crema de pistachos e terminar de mesturar a crema.
  • Engadir as claras montadas a punto de neve á crema en dúas tandas e con movementos envolventes, para que non perdan aire.
  • Montar o tiramisú: facer capas de biscoitos mollados en café (mollalos un por un con coidado de que non rompan) e crema ata completar toda a preparación
  • Arrefriar tapado con papel filme na neveira durante polo menos 6 horas. Dun día para outro está incrible.

Notas

Para facer unha crema de pistachos só necesitas 10 minutos. Tritura os pistachos sen casca cunha trituradora. Faino aos poucos para controlar a textura da crema. Tritura ata o punto que queiras, canto máis a tritures, máis líquida estará.
Proba a adozar a túa crema con azucre, panela, mel ou algún edulcorante.