Cortamos en onzas o chocolate, botamos a manteiga e levamos todo ao baño maría ata que se derreta.
Mentres, cortamos a froita que vaiamos botar en anaquiños.
Tamén preparamos o noso molde ou bandexa.
Nun bol botamos os cereais, as améndoas e a froita.
Cando o noso chocolate estea derretido, vertémolo sobre o noso bol e remexemos para bañar todo en chocolate.
Unha vez lista a mestura, botamos todo no noso molde. Apertamos un pouco para que estea compacto e que quede despois máis bonito.
Metemos na neveira para que arrefríe o chocolate. Uns 30 minutos é suficiente.
Cun coitelo cortamos en porcións pequenas e volvémolas colocar na mesma bandexa,
Derretemos ao baño maría o chocolate branco e metémolo nunha manga pasteleira. Cortamos a punta da manga e decoramos co chocolate branco.
Engadimos a nosa decoración, esperamos que o chocolate volva arrefriar e... a desfrutar.