Go Back
+ servings

Robaliza en papillote

Moitas veces, deixamos de comer peixe porque nos parece que imos ter que empregar moito tempo en cociñalo para que nos quede rico, pero esta receita de robaliza diferente en papillote é a proba de que se pode cociñar moi san e moi rico utilizando poucos ingredientes e o sistema de papillote.
Autor/a: Carmen Albo - Guisándome la vida
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción35 minutes
Tempo total45 minutes
Prato Plato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 folla de papel de forno
  • 1 folla de papel de aluminio (o anaco de papel de aluminio debe ser maior que o do horno)

Ingredientes
  

  • 1 kg robaliza
  • 20 tomates cherrys
  • 100 g aceitunas con aliño
  • 20 g piñóns
  • 1 presada de perejil
  • 1 dte allo
  • 1 limón
  • aceite de oliva
  • sal

Elaboración paso a paso
 

Acompañamento:

  • Nun bol mesturamos 20 tomates cherry cortados polo medio, unha manchea de piñóns, media lata de olivas con aliño, unha manchea de pirixel ben picado, o zume de medio limón, un dente de allo relado, sal e aceite ao gusto. Mesturamos ben.

Preparación do papillote:

  • Poñemos a nosa robaliza para dúas racións ou unha cola de robaliza grande sobre unha folla de papel de forno. Debaixo do papel de forno, colocaremos un anaco grande de papel de aluminio
  • Colocamos esta mestura sobre a robaliza e polos lados. Pechamos o papel de forno e facemos un paquete co de aluminio procurando que nos quede ben pechado.

Enfornado:

  • Pasamos o peixe envolveito a unha fonte de forno e cociñámolo 35 minutos a 180º.

Empratado:

  • Pasado ese tempo, retiramos o peixe do forno e servímolo en lombos coa pel para arriba e co seu acompañamento de tomatiños e mais olivas ao lado. Regamos co zume do papillote,