Go Back
+ servings

Delicias de polo e tuciño entrefebrado con maionesa de lima

A base da receita de hoxe é a peituga de polo, unha parte da ave moi popular e coñecida en todo o mundo pola súa versatilidade na cociña así como polo seu sabor e polo seu baixo contido en graxa... En Gadis encontrarás todos os ingredientes desta receita garantindo frescura e calidade.
Autor/a: Lorena Pascual - La cáscara de limón
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo de cocción5 minutes
Tempo total45 minutes
Prato Entrante
Cociña Mediterránea
Racións 3 personas

Equipamento

  • 1 recipiente para mesturar
  • 1 cazo ou tixola (fonda para fritir)
  • 1 batedora
  • 1 Relador

Ingredientes
  

  • 600 g peituga de polo
  • 100 g touciño entrefebrado afumado
  • 1 dte allo
  • 3 ovos
  • sal groso
  • sal fino
  • 3 ramas pirixel
  • 1 lima
  • fariña (para rebozar)
  • pan relado (para rebozar)
  • aceite de oliva
  • ceboliño (para decorar)
  • 200 ml aceite de xirasol (para maionesa)

Elaboración paso a paso
 

  • Picamos a peituga o máis fina posible e pasámola a un bol.
  • Adubamos ao gusto con morteiro, pementa negra, mostaza, rela de media lima e integramos ben.
  • Picamos, tamén moi fino, o touciño entrefebrado e engadímolo.
  • Botamos unha culleradiña de pan relado, outra de ceboliño acabado de picar e integramos ben.
  • Facemos bólas pequenas e ben apertadas do tamaño dunha pelota de ping pong.
  • Pasamos por fariña, ovo e pan relado, fritimos a lume medio nun cazo con abundante aceite de oliva en varias quendas e pasamos a un papel absorbente.
  • Para a maionesa botamos aceite de xirasol e un ovo no vaso do batedor, emulsionamos lentamente, aliñamos ao gusto con sal, lima e a súa rela.
  • Presentamos coa maionesa, decoramos con ceboliño fresco acabado de cortar.