Para o bechamel: derreter nunha tixola a manteiga, engadir a maicena e remexer para cociñar durante 2 ou 3 minutos.
Apagar o lume e engadir o leite que debe estar quente, remexer enerxicamente e volver levar a lume medio sen deixar de remexer ata que espese. Engadir sal e noz moscada. Reservar.
Para o recheo:
Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva cociñar o atún vermello cortado; mentres se vai cociñando e con axuda dunha culler de madeira hai que ir esmigallándoo.
Engadir a salsa de tomate, mesturar, engadir sal e pementa e deixar que se cociñe 10 minutos a lume medio.
Montaxe y forneado:
Montar a lasaña nunha fonte apta para o forno: primeiro engadir 2 culleradas de bechamel, placas de lasaña, atún vermello con tomate, repetir ata completar a fonte e os ingredientes. Terminar co bechamel e co queixo relado.
Enfornar a 180 graos 30 minutos. Os últimos 5 minutos poñer o modo grill para que se gratine o queixo.