En primeiro lugar, cociñamos a pasta un par de minutos menos dos que necesite, xa que terminará de facerse no forno.
Picamos a cebola, o allo, os champiñóns e os chourizos.
Poñemos a sofritir os champiñóns e reservamos.
Sofritimos primeiro a cebola e unha vez dourado o allo, engadimos os chourizos. Cando todo estea cociñadiño, engadimos os champiñóns.
Engadimos a nata, o pemento doce, a pementa, o ourego e unha boa manchea de queixo vegano.
Engadímosllo á pasta precocida nunha bandexa apta para forno.
Cubrimos con máis queixo vegano.
Enfornamos a 180º durante 15 minutos.