Nun bol amplo, peneirar a fariña xunto co fermento e o sal. Engadir o azucre e mesturar. Reservar. Nun cazo, derreter a manteiga, agregar o leite e deixar que se quente uns minutos sen chegar a ebulición.
Verter o leite no bol da fariña e remexer ata que todos os ingredientes estean integrados. Incorporar os ovos batidos e mesturar ata obter unha masa homoxénea e lisa. Deixar repousar 15 minutos.
Para a cocción, acender a gofreira e, unha vez que está quente, untala con manteiga. Verter un cullerón de masa sobre a gofreira, pechala e deixar que se cociñe durante 5 minutos. Se se fai no forno, calor arriba e abaixo uns 10 min aprox.
Retirar o gofre e colocámolo sobre unha reixa para que arrefríe. Repetimos a operación ata cociñar toda a masa. Para o empratado, colocamos un gofre nun prato, decoramos cos toppings que máis nos gusten. Eu elixín froitos vermellos, noces e iogur de coco e… que o desfrutedes!