Go Back
+ servings

Xarrete ao forno

Hai receitas rápidas, sen complicacións, que co ritmo que levamos hoxe en día nos achegan moitos beneficios pero cando temos tempo para dedicar aos fogóns, iso é calidade de vida... O primeiro paso é o de ir ao noso supermercado de confianza e sentir e escoller os produtos frescos.
É marabilloso chegar á casa e poder empregar ese agarimo... ese tempo. E cando se trata de guisos de carne, os sabores, os aromas e as texturas melloran considerablemente, incrementando así a calidade das nosas receitas.
Autor/a: La cáscara de limón
Imprimir receita
Tempo total3 hours
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 personas

Equipamento

  • Cazola ou tarteira para guisar o xarrete
  • Cazo para reducir a salsa
  • Morteiro para preparar o adubo do xarrete
  • Coador para coar a salsa ou prebe

Ingredientes
  

  • Xarrete fresco de porco
  • 250 ml de Oporto
  • 1 l de caldo de carne sen sal
  • 1/2 Cebola
  • 1/2 Pemento vermello morrón pequeno
  • 1/2 Pemento verde morrón
  • 1/2 Allo porro , a parte branca
  • 2 dientes de allo
  • Morteiro: Sal, allo e pirixel
  • 1 cullerada de aceite de oliva
  • Pementa negra ao gusto
  • Sal ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Adubamos o xarrete co adubo do morteiro.
  • Selámolo nun fondo de aceite de oliva, retiramos e reservamos.
  • No mesmo aceite rustrimos os allos, engadimos a cebola picada, pochamos a lume lento.
  • Unha vez que comece a transparentar engadimos o allo porro e os pementos picados, seguimos pochando lentamente ata que reduza totalmente. Salpementamos ao gusto.
  • Volvemos incorporar o xarrete, regamos co porto e deixamos reducir moi ben.
  • Cubrimos co caldo de carne. A cantidade vai depender da pota. Debe cubrilo case de todo, non totalmente. Deixamos a lume lento como mínimo dúas horas; non salgamos.
  • Unha vez pasado o tempo, coamos a salsa espremendo moi ben todo o zume das verduras. Pasamos a un cazo e reducimos a lume alto sen deixar de remexer ata obter a textura desexada.
  • Unha vez reducida a salsa probamos e salpementamos ao gusto.
  • Servimos sobre o delicioso e tenro xarrete, acompañamos ao gusto e a gozar.