Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

image00001

Tres entrantes veganos de Nadal

3 entrantes diferentes pero moi saborosos e fáciles de preparar
Etiqueta/s:Aperitivo, Económica, Mediterránea, Nadal, Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tiempo de forno40 minutes
Tempo total1 hour 40 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Tixola
  • 1 bandexa forno
  • 1 biberón ou manga
  • 1 pincel de repostería

Ingredientes
  

  • 250 g noces peladas
  • 1/2 unidad cebola
  • 1 allo
  • 1 cdta salsa de soia
  • 1 cdta pemento doce
  • 1/2 cdta sal
  • 3 cdas soperas tomate triturado
  • 100 ml auga
  • 1 masa follada
  • 8 champiñóns portobello
  • 1 puñado queixo vegano relado
  • 2 cdas soperas margarina con sal
  • 1 cdta allo en po
  • 1 puñado pirixel fresco
  • 1 paquete galletas salgadas

Elaboración paso a paso
 

  • Comezamos coa “carne de noces”: pasa a cebola e o allo ben picado cun chorriño de aceite e cun chisco de sal, agrega as noces picadas no procesador de alimentos ata que estean en formato po, o sal, o pemento doce, a salsa de soia, o tomate triturado e a auga. Mestura ben e deixa que se cociñe todo xunto a lume baixo 5 minutos.
  • Pasado ese tempo, corta unha lámina de masa follada en dúas e unta ¼ da carne de noz nun extremo, enrola ata formar un cilindro, repite coa outra metade e corta anacos dun par de cm de ancho; coloca nunha fonte apta para forno, pincela a superficie con aceite de oliva e mete no forno, co forno prequentado a 180ºC uns 15-20 minutos ou ata que se douren.
  • Mentres, quita o pé dos champiñóns e limpa os posibles restos de terra que poida haber neles. Enche coa metade da carne de noz restante, cubre con queixo vegano relado e cun chorriño de aceite de oliva, mete no forno tamén a 180ºC 10-15 min ata que o queixo se derreta.
  • Nun batedor ou procesador de alimentos, verte a margarina, o allo en po e o pirixel sen talos, tritura ata conseguir unha mestura suave e homoxénea, cubre con ela galletas salgadas ou coloca nunha cunca para dippear.

VOLVER