Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

eertyui

Torta de cabaza e nocilla para Samaín

Divertida torta de cabaza e de Nocilla ideal para celebrar Halloween xunto aos máis pequenos. Doada de facer e unha deliciosa combinación de sabores.
Etiqueta/s:Samaín
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción50 minutes
Tempo total1 hour 20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Galega
Racións 10 personas

Equipamento

  • 1 Molde de coroa ou Blund Cake

Ingredientes
  

  • 350 g cabaza
  • 170 g fariña
  • 110 g manteiga
  • 110 g azucre moreno
  • 3 uds ovos
  • 1 bote nocilla noir
  • 1/2 cda xenxibre en po
  • 1 cda canela en po
  • 10 g fermento químico

Elaboración paso a paso
 

  • Cortamos la calabaza por la mitad y la metemos en el microondas a máxima potencia unos 8 minutos. Calienta un par de minutos más si todavía está dura. Dejamos que pierda calor para no quemarnos y mientras seguimos con el resto.
  • Prequentamos o forno a 180º e engraxamos o noso molde.
  • Batemos a manteiga, o azucre, o xenxibre e a canela ata que a mestura estea abrancazada e cremosa.
  • Sen deixar de bater, engadimos un por un os ovos, sen incorporar o seguinte ata que estea totalmente integrado o anterior.
  • Con axuda dunha culler rascamos a carne da cabaza e reservámola. Ten que ter unha textura branda e espesa, sen exceso de líquido.
  • Peneiramos a fariña e a levadura e engadímolo á mestura xunto coa cabaza. Integramos todo.
  • Vertemos a masa no noso molde e metemos no forno uns 45/50 minutos ou ata que ao picalo saia limpo.
  • Deixamos temperar e desmoldamos. 
  • Quentamos no microondas uns 15/30 segundos a Nocilla e vertémola sobre o biscoito xa frío.
  • Decoramos ao gusto. No meu caso, uns confetti de cores, uns ollos de chocolate e unhas pantasmiñas de chocolate branco o mar de cookies. 

Notas

Podemos asar a cabaza no forno, pero será moito máis lento. Se decidides facelo así, poñede o forno a 190º durante uns 30 min. aprox.
Podedes usar un molde tipo blund cake ou de coroa duns 20 cm aprox. Quedará moi bonito ao darlle a volta ao final da receita.

VOLVER