Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

tartita soft cookies foto cuadrada

Tartiña soft cookies

Probaches as novas galletas Soft Cookies? Hoxe recoméndoche unha tortiña express con elas e froita . As galletas fúndense tan facilmente, que non precisan tempo de repouso. Ideal para un plan improvisado!
Etiqueta/s:Fácil, galletas, Sen glute, Sobremesa
Imprimir receita
Tempo de cocción15 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Molde (20x12 cm) Para montar a torta
  • 1 Batedor/procesador Para triturar os pexegos
  • 1 Culler Para engadir os ingredientes
  • 1 Coitelo Para cortar as galletas para decorar

Ingredientes
  

  • 450 g quark
  • 420 g galletas Soft Cookies 10 galletas para a torta e 2 galletas para decorar
  • 5 Pexegos
  • 1/2 Limón

Elaboración paso a paso
 

  • Mondar os pexegos. Cortar e triturar co zume de medio limón. Coar para eliminar o exceso de líquido.
  • Colocar na base do molde unha capa de quark (composto por queixo fresco e iogur) e engadir unha capa de pexego triturado.
  • Agregar as galletas Soft Cookies sen glute.
  • .Incorporar outra capa de quark, de pexego triturado e de galletas.
  • Decorar con quark e cun par de galletas cortadas en cadradiños.

VOLVER