Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

roscon de reyes basico 2 scaled 1

Roscón de Reis caseiro

Roscón de Reis caseiro que sabe a día de Reis. Perfecto para encher, aínda que tamén se pode comer tal cal.
Etiqueta/s:Caseiro, Nadal, Para rechear, Reis, Roscón
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo de cocción25 minutes
Tiempo de levado4 hours
Tempo total5 hours 5 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 14 persoas

Equipamento

  • 1 Amasadora
  • 1 Forno

Ingredientes
  

  • 380 g fariña
  • 40 ml leite
  • 85 g manteiga de vaca
  • 80 g azucre
  • 50 g anís
  • 3 ovos
  • 1 xema de ovo Para pintar
  • 15 g fermento
  • Esencia de azar
  • 1 cda azucre invertido Xenerosa. Pódese substituír por mel
  • 50 g améndoa laminada

Elaboración paso a paso
 

  • Facemos un prefermento con leite morno, unha cullerada de azucre, fermendo e un par de culleradas de fariña. Remexemos ata facer unha pasta ben espesa. 
  • Tapámola cun pouco de fariña para ir revisándoa, xa que, cando empece a levedar, esta vaise agretar e o prefermento empezará a asomar. Cando ocorra significa que está listo. 
  • Botamos todos os ingredientes (menos o mel e o azucre), incluído o prefermento, no bol da amasadora e amasamos durante 12 minutos. 
  • Deseguido, incorporamos o azucre, a esencia de azar e o mel/azucre invertido. Seguimos amasando outros 13 minutos para alcanzar un tempo de amasado total de 25 minutos. 
  • Agora deixaremos fermentar a masa ata que dobre o volume. Podes tapala cunha manta/pano e deixar que levede lentamente. 
  • Unha vez que dobre o volume, desgasificamos e dámoslle a forma do roscón. Poñémola na bandexa do forno con papel de forno e deixamos que volva levedar. 
  • Unha vez que dobre o volume, poñemos a quentar o forno a 170ºC. 
  • Pintamos a masa con xema de ovo e adornamos con azucre e anís e algunhas améndoas laminadas por enriba.
  • Metemos no forno durante 20/25 minutos ou ata que estea ben douradiño. Deixamos arrefriar e a desfrutar. 

VOLVER