Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

lubina al horno con vinagreta templada 4 1

Robaliza ao forno con vinagreta morna

É o momento de buscar receitas sas, ricas, fáciles e que,  coma nesta, coidando a cantidade de aceite de oliva e de froitos secos, se converten en receitas de réxime.
En pouco máis de 10 minutos podedes ter esta receita lista que, ademais, está moi rica tamén con outros peixes. Con pescada, por exemplo, pode quedar estupenda.
Etiqueta/s:Fácil, Peixe, Robaliza, Saudable
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total20 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Forno
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 600 g Robaliza salvaxe /ACUICULTURA
  • 2 Tomates
  • 8 Olivas negras
  • 1 Ramiña de alfábega
  • 2 cdas de piñóns
  • Aceite virxe
  • Vinagre
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

PREPARACIÓN DA VINAGRETA

  • Mondamos e retirámoslles as sementes a dous tomates.
  • Nunha tixola, torramos 2 culleradas de piñóns. Reservamos
  • Cortamos a carne dos tomates en dados miúdos (concassé) e pasámolos nun pouco de aceite de oliva virxe.
  • Cando empecen a abrandar un pouquiño, (uns 3 minutos) engadimos as olivas negras picadas; deseguido, os piñóns e para terminar,  o chorriño de vinagre.
  • Incorporamos a alfábega picada, mesturamos ben e...  vinagreta lista!

METER NO FORNO

  • Mentres, introducimos os lombos de robaliza no forno só cun pouquiño de aceite, sal e pementas. En 5 minutos estarán feitos.

PRESENTACIÓN DO PRATO

  • Colocamos a robaliza na fonte ou prato de servir, cubrimos coa vinagreta aínda quente e acompañamos, por exemplo, cunhas simples pataquiñas cocidas ao vapor.

VOLVER