Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Foto pan de quinoa cuadrada

Pan de quinoa

Tiña moitas ganas de preparar un pan sen fariña e este é o resultado. Delicioso!
Autor/a: Lidia Filgueira @lidiadisfrutasingluten
Etiqueta/s:Pan, Sen fariñas, Sen glute, Vegano
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción1 hour
Tiempo de repouso30 minutes
Prato Acompañamento
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Forno Para enfornar o pan
  • 1 Procesador/batedor Para triturar os ingredientes
  • 1 Molde rectangular Para botar a masa
  • 1 Espátula Para introducir a masa no molde
  • 1 Recipiente metálico Para engadir auga dentro do forno

Ingredientes
  

  • 300 g quinoa hidratada 3 h antes
  • 125 ml auga
  • 60 g sementes de liño moídas
  • 60 ml aceite de oliva
  • 40 g sementes de xirasol
  • 1 cdta sal
  • 1 cdta bicarbonato
  • 1 cdta zume de limón

Elaboración paso a paso
 

  • Lavar a quinoa e cubrir con auga. Hidratar en auga durante 3 horas. Escorrer e reservar.
  • Engadir as sementes de liño trituradas en 125 ml de auga e hidratar durante 1 hora.
  • Prequentar o forno a 180ºC (calor arriba e abaixo) cun recipiente metálico na base.
  • Triturar la quinoa hidratada, as sementes de liño, o aceite de oliva, o bicarbonato con limón e unha culleradiña de sal.
  • Incorporar a masa nun molde rectangular e engadir enriba sementes de xirasol.
  • Engadir un chisco de auga no recipiente metálico do forno e introducir o molde cola masa.
  • Enfornar a 180ºC durante unha hora.
  • Retirar e deixar arrefriar sobre unha bandexa de forno de reixa.

Notas

Se che gustan as rebandas de pan grandes, podes utilizar un molde máis pequeno.

VOLVER