Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

20241125 122157

Mini hamburguesas de brioche con tenreira e cheddar

Se es amante das hamburguesas pero buscas unha versión máis elegante e chea de sabor, estas mini hamburguesas de tenreira con cheddar, canónigos, cherry e unha deliciosa salsa de pepinillos, jalapeño e mostaza hanche conquistar. Perfectas para unha cea informal, unha reunión con amigos ou simplemente para darte un capricho, estas mini hamburguesas combinan a textura da carne coa suavidade do pan brioche e o toque vibrante da salsa.
Nesta receita, cóntoche como preparalas facilmente para que cada bocado sexa unha explosión de sabor. Imos cociñar!
Etiqueta/s:Aperitivo, Cheddar, Hamburguesa, Minihamburguesas, Tenreira
Imprimir receita
Tempo de preparación1 hour
Tempo total1 hour
Prato Aperitivo
Cociña Americana, Mediterránea
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 Batedor
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 6 uds pans brioche
  • 6 uds mini hamburguesas
  • 40 g cogombros agridoces
  • Queixo cheddar
  • Coéngos
  • 6 uds tomates cherry
  • 1 uds ovo
  • 200 ml aceite de xirasol
  • Aceite de oliva
  • 15 g xalapeños en conserva
  • 25 g olivas
  • Vinagre
  • Sal fino

Elaboración paso a paso
 

  • Para a salsa emulsionamos o aceite de xirasol cun ovo moi lentamente, aderezamos ao gusto con vinagre e sal.
  • Engadimos o resto de ingredientes: cogombros, xalapeños, olivas...Trituramos moi ben.
  • Cortamos os pans e facémolos na grella pola parte interior ata dourar un pouco.
  • Facemos as mini hamburguesas na grella.
  • Ao darlles a primeira volta, poñemos unha boa cantidade de queixo cheddar sobre cada hamburguesa para que funda un pouco.
  • Montamos poñendo ben de salsa nos dous pans de cada hamburguesa.
  • Poñemos cóengos, cogombros e tomates cherry ao gusto...

VOLVER