Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa lasana atun

Lasaña de atún vermello

Unha deliciosa lasaña de atún vermello fresco de temporada. Un prato único, completo, doado e delicioso.
Autor/a: Lola Crespo - Ñamlicioso
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tempo total1 hour
Prato Prato principal
Cociña Italiana
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Tixola
  • 1 Fonte de forno
  • variñas

Ingredientes
  

  • 1 kg atún vermello fresco
  • 400 g salsa de tomate
  • 40 g manteiga
  • 40 g maicena
  • 1 cdita sal
  • 1 cdita noz moscada
  • 600 ml leite
  • 1 cda aceite de oliva
  • 150 g queixo relado
  • 10 placas de lasaña

Elaboración paso a paso
 

Para o bechamel:

  • Para o bechamel: derreter nunha tixola a manteiga, engadir a maicena e remexer para cociñar durante 2 ou 3 minutos.
  • Apagar o lume e engadir o leite que debe estar quente, remexer enerxicamente e volver levar a lume medio sen deixar de remexer ata que espese. Engadir sal e noz moscada. Reservar.

Para o recheo:

  • Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva cociñar o atún vermello cortado; mentres se vai cociñando e con axuda dunha culler de madeira hai que ir esmigallándoo.
  • Engadir a salsa de tomate, mesturar, engadir sal e pementa e deixar que se cociñe 10 minutos a lume medio.

Montaxe y forneado:

  • Montar a lasaña nunha fonte apta para o forno: primeiro engadir 2 culleradas de bechamel, placas de lasaña, atún vermello con tomate, repetir ata completar a fonte e os ingredientes. Terminar co bechamel e co queixo relado.
  • Enfornar a 180 graos 30 minutos. Os últimos 5 minutos poñer o modo grill para que se gratine o queixo.

Video

VOLVER