Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

20241023 1340450 01 01 01

Guiso de falda de cordeiro

Unha deliciosa receita ideal para datas natalicias e para días de frío, rico en proteínas e en sabores mediterráneos.
Etiqueta/s:Carne, Celiacos, Cordero, guiso, Nadal, Sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación2 hours
Tempo total2 hours
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Tarteira Para facer todo o guiso
  • 1 Coador Para coar as verduras
  • 1 Cazo Para reducir o prebe

Ingredientes
  

  • 700 grs cordeiro falda
  • 1/2 cebola
  • 2 dentes allo
  • 1/4 pemento vermello
  • 1 cenoria
  • 1 ñora deshidratada
  • 3 cdas tomate natural relado
  • 175 ml viño tinto
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Cortamos a faldra en anacos e salgamos.
  • Selamos nun fondo de aceite, douramos e reservamos.
  • No mesmo aceite, pasamos as verduras cortadas en anacos, o allo e a cebola. Un pouco despois, a cenoria e o pemento a lume medio baixo (non salgamos).
  • Coamos o aceite do rustrido.
  • Volvemos incorporar o cordeiro, mesturamos ben coas verduras, engadimos o tomate relado e subimos un pouco o lume. Deixamos que perda toda a auga.
  • Regamos co viño e deixamos reducir moi ben.
  • Engadimos 600 ml de auga quente (sen sal) e a ñora en anacos sen sementes. Tapamos e deixamos unha hora a lume moi baixo.
  • Coamos as verduras, esprememos moi ben todo o seu líquido. Pasamos o prebe a un cazo e deixamos reducir a lume alto ata obter a textura desexada. Probamos o punto de sal por se temos que rectificar. Acompañamos dunhas ricas patacas fritas, ensalada... segundo o gusto de cadaquén.

VOLVER