Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

falso risotto tomate 9x16 1

Falso risotto de tomate e xamón

Sorprende aos teus invitados/as con este falso risotto que, no canto de arroz, xoga coa túa mente usando piñóns de pasta.
Etiqueta/s:Pasta, Receita doada
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Pota
  • 1 Coitelo
  • 1 Relador

Ingredientes
  

  • 180 g xamón serrano picado
  • 1 allo porro
  • 200 g tomates variados
  • 80 ml viño branco
  • 500 ml caldo de carne
  • 180 g pasta piñóns
  • 50 g pasta de tomate
  • Sal
  • Ourego
  • Pementa
  • Alfábega fresca
  • 15 ml aceite de oliva
  • 50 g parmesano relado

Elaboración paso a paso
 

  • Picar o allo porro e refogalo nunha cazola cun pouco de aceite de oliva 5 minutos.
  • Engadir os tomates en anacos, remexer e cociñar 5 minutos.
  • Agregar a pasta, remexer e engadir o viño branco. Subir o lume e cociñar 2 minutos.
  • Incorporar a pasta de tomate e o caldo. Cociñar 8 minutos sen deixar de remexer.
  • Engadir unhas follas de alfábega fresca, parmesano relado e o xamón picado. Servir con máis queixo relado.

VOLVER