Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

20240913 130303 01

Canelóns de salmón

Tanto os canelóns como as lasañas son pratos moi versátiles que podes encher con ingredientes variados. Neste caso, fixen uns canelóns de salmón fresco con placas de lasaña para darlles un tamaño maior.
Etiqueta/s:Canelóns, Lasaña, Peixe, Salmón
Imprimir receita
Tempo de preparación1 hour 30 minutes
Tempo total1 hour 30 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 Tixola
  • 1 Tarteira
  • 1 Forno
  • 1 Relador

Ingredientes
  

  • 8 Placas de lasaña precocidas
  • 400 g filete de Salmón
  • 1 Cebola
  • 1 Tomate grande e maduro
  • 250 ml caldo de peixe
  • 50 g manteiga
  • 50 g fariña de trigo
  • 600 ml leite enteiro
  • Queixo puro de cabra
  • Noz moscada
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva

Elaboración paso a paso
 

  • Picamos e pasamos a cebola nun fondo de aceite a lume lento. Engadimos sal e pementa.
  • Unha vez listo, engadimos o tomate pelado e picado. Deixamos reducir moi ben a lume medio ata que perda a auga, agregamos o caldo de peixe e volvemos deixar reducir moi ben.
  • Mentras, preparamos o bechamel, derretendo a manteiga. Engadimos a fariña e torramos uns segundos. Imos incorporando o leite paseniñamente. Engadimos sal e pementa e relamos noz moscada ao gusto.
  • Retiramos a pel do salmón e reservámola secándoa en papel absorbente.
  • Picamos o salmón, engadimos sal e pementa, refogamos, engadimos o rustrido e integramos todo ben. Apagamos o lume.
  • Hidratamos as placas de lasaña, pasamos a un pano e reservamos.
  • Botamos unhas 6 culleradas do bechamel ao rustrido.
  • Enchemos as placas coa zaragallada e colocámolas nunha fonte de forno. Acabamos con bechamel, relamos unha boa capa de queixo de cabra por enriba e gratinamos a 200° ata que se doure.
  • Mentres, salgamos e torramos a pel de salmón á plancha e retirámola a un papel absorbente.
  • Presentamos os nosos canelóns. Podemos decoralos con sementes de papoula e con anacos crocantes de pel de salmón.

VOLVER