Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

bizcocho madeira 3 scaled 1

Biscoito de Madeira

Aínda que polo seu nome pode parecer de orixe portuguesa, en realidade é unha receita inglesa. Aínda que ten truco: puxéronlle este nome porque tradicionalmente se servía con viño de Madeira, que este sí fectivamente ten a súa orixe nas Illas de Madeira portuguesas. É un biscoito con sabor a limón, perfecto para o almorzo ou a merenda
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción50 minutes
Tiempo de reposo10 minutes
Tempo total1 hour 30 minutes
Prato Almorzo, Merenda
Cociña Inglesa
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 molde alongado de 21x10 cm
  • 1 Batedor
  • 1 Bol

Ingredientes
  

  • 200 g manteiga a temperatura ambiente
  • 110 g azucre
  • 4 ovos
  • 185 g fariña
  • 19 g lévedo
  • Reladura de limón
  • Zume de medio limón
  • 30 g azucre para o cubrimento superior

Elaboración paso a paso
 

  • Prequentamos o forno a 180 graos
  • Batemos a manteiga co azucre ata que estea cremosa, aproximadamente 5 minutos.
  • Engadimos o primeiro ovo, batemos ata integrar completamente. 
  • Repetimos ata completar os 4 ovos.
  • Engadimos a reladura e o zume de limón.
  • Engadimos a fariña e o lévedo e batemos ata integrar.
  • Engraxamos o noso molde ou poñemos un papel no fondo, botamos a nosa masa e repartimos equitativamente por todo o molde.
  • Botamos unha boa manchea de azucre por enriba
  • Enfornamos 50 minutos aprox. ou ata que saia limpo o pau.
  • Deixamos repousar uns 10 minutos antes de sacar do molde

VOLVER