Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

bacalao milagroso en tartera 1

Bacallau milagroso en tarteira

Se buscas unha receita doada, deliciosa e case máxica, este bacallau en tarteira hache sorprender. Bautizado como "bacallau milagroso", porque a súa preparación é tan simple que parece cousa de maxia: só hai que colocar os seus ingredientes principais en capas e deixar que o lume faga a súa maxia. Sen esforzo nin complicacións, conseguirás un prato cheo de sabor, perfecto para calquera ocasión. ¡O resultado é espectacular!
Etiqueta/s:bacallau, Fácil, Tradicional
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española, Tradicional
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Tarteria baixa
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 500 grs lombos de bacallau desalgado
  • 3 patacas medianas
  • 1 cebola grande doce
  • Ao gusto Aceite de oliva virxe
  • 2 follas de loureiro
  • 5 dentes de allo
  • Ao gusto Sal

Elaboración paso a paso
 

Preparación

  • Con axuda dunha mandolina cortamos en tiras finas unha cebola doce grande e 3 patacas coa monda ben lavadas. Reservamos.
  • Nunha tarteira baixa e ampla ou nunha tixola que teña tapa, colocamos 3 dentes de allo esmagados e un bo chorro de aceite virxe.

Cocinado do bacallau

  • Prendemos o lume e engadimos a cebola cortada que deixaremos facer, salgando levemente, durante uns 5 minutos.
  • Pasado ese tempo, sobre a cebola, colocaremos as rodas finas de pataca, unhas follas de loureiro, un chorro máis de aceite e un pouco de sal. Tapamos ben e deixamos facer todo a lume medio uns 12 minutos. Engadimos o bacallau, outro pouco de aceite sobre el e volvemos tapar e cociñar uns 10 minutos máis.

Acompañamento

  • Mentres, nunha tixola, rustrimos nun pouco de aceite virxe 2 ou 3 dentes de allo laminados. En canto collan unha discreta cor dourada, engadimos os pementos de lata escorridos (hai que conservar o líquido)
  • Deixamos facer os pementos, meneándoos un pouco.
  • Aos 5 minutos dámoslles a volta. Cando sequen, engadimos o zume da lata e meneamos ben para que espese ese zume. Deixamos facer mentres se fai o bacallau.  

Presentación

  • Comprobamos que a pataca estea ben cociñada e montamos o prato cunha cama de patacas e cebola, o bacallau sobre elas e con acompañamento de piquillos confitados.

VOLVER