
Año de leite asado ao forno. RECEITA DEFINITIVA
O año de leite asado ao forno é, sen ningunha dúbida, un dos asados máis populares que existen e o que máis asociamos a datas especiais ou a celebracións como o Nadal.A súa sinxela elaboración, a facilidade para encontrar año todo o ano nas carnizarías e que a súa carne tenra e saborosa guste tanto a todo o mundo, axúdanos a non pensalo moito e a preparar este prato en calquera momento.Aínda que probei con moitas receitas, con certeza esta é a RECEITA DEFINITIVA do AÑO DE LEITE ASADO AO FORNO. Queda verdadeiramente espectacular, con moito sabor e cunha carne tenrísima.Aínda que non é nada difícil conseguir cordeiro e año de leite na carnizaría de GADIS, aconsélloche que o encargues para evitar así sorpresas e máis aínda, se se trata de datas especiais como o Nadal.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes mins
Tempo de cocción1 hour hr 30 minutes mins
Tempo total1 hour hr 40 minutes mins
Prato Prato principal
Racións 3 persoas
Ingredientes
- 2 kg aprox de año de leite da carnizaría de GADIS
- Sal Groso
- Manteiga de porco
- Salsa para o año e as patacas
- 1 cabeza de allos 10 ou 12 dentes de allo
- 1 presada de pirixel uns 20g aprox
- 1 cullerada de ourego
- 1/2 Pemento vermello picante ou cantidade ao gusto
- 1 culleradiña de sal
- 1 culleradiña de xenxibre moído
- 1 culleradiña de comiño moído
- 30 ml de vinagre de viño
- 100 ml de aceite de oliva virxe extra
Para a gornición
- Patacas
- Boniatos
- Tomates cereixa ou cherry
- Pementos de Padrón
Elaboración paso a paso
Salsa para o año e as patacas.
- Poñer no vaso do batedor ou do robot de cociña todos os ingredientes e cortar o pirixel con tesoira co fin de que no se enrede nas coitelas do batedor ou robot e triturar.
- Gardar nun ou en varios botes de cristal e tapar.
Año
- Salgar o año con sal groso polos dous lados.
- Untar as pezas de cordeiro con graxa de porco ibérico.
- Enfornar a 190º (calor abaixo e arriba) durante 35 minutos.
- Bañar o año (por ambos os dous lados) coa salsa que fixemos e programar 55 minutos a 180º (darlle a volta na metade de cocción).
- Cortar a pataca e o boniato en dentes non moi grosos.
- Salgar e adubar cunha cullerada de salsa.
- Estender as patacas e mais o boniato sobre unha fonte forrada e metela no forno para que vaian ao tempo que o cordeiro.
- Fritir os pementos de Padrón.
- Ensartar en 2 ou 3 brochetas, dependendo do número de comensais, os tomates cherry e metelos no forno 5 minutos antes de que finalice o enfornado.
- Servir, regar o año co líquido que soltou durante a cocción e acompañar da gornición e dos tomates cereixa.
Notas
Rega o año de cando en vez, co líquido que solta, mentres está no forno. Se ves que seca moito durante o asado, podes engadir un pouco de auga (no meu caso non fixo falta).