Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

trampantojos

2 sobremesas sorprendentes

Sobremesas doadas coas que sorprender. Enganaollos de ovo con patacas e de tallaríns con tomate.
Autor/a: Lola Crespo - Ñamlicioso
Etiqueta/s:Enganaollos, Froitas, Receita doada
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción5 minutes
Refrixerar os "tallaríns" de mango4 hours
Tempo total4 hours 25 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 2 Coitelos para cortar e mondar mazá e mango
  • Garfo para esmagar as framboesas
  • Cazo para ferver mango, nata, ága-ágar
  • Biberón para formar tallaríns
  • Papel vexetal para poñer tallaríns a refrixerar
  • Relador para relar chocolate branco

Ingredientes
  

  • 1 Mango
  • 200 ml de nata líquida
  • 3 g de ágar-ágar
  • 75 g de framboesas frescas
  • 50 g de chocolate branco
  • 120 g de iogur grego
  • 1 Pexego en almibre
  • 1 Mazá
  • 50 g de frambosas frescas

Elaboración paso a paso
 

Falso ovo frito con patacas e kétchup

  • Pelar e cortar a mazá en bastóns.
  • Montaxe do prato: dispoñer o iogur formando un círculo, no centro poñer medio pexego en almibre como se fose a xema.
  • Engadir os bastóns de mazá, como se fosen patacas e as framboesas machucadas como se fosen o kétchup.

Falsos tallaríns con tomate

  • Pelar e cortar o mango en dados pequenos, engadir a un cazo coa nata e o ágar-ágar, remexer ata que chegue a ferver.
  • Triturar a mestura e pasala a un biberón. Facer os tallaríns sobre un papel vexetal e refrixerar 4 horas
  • Desapegar con coidado ou con axuda dun coitelo os tallaríns e dispoñelos nun prato fondo, mellor se é negro porque contrasta mellor.
  • Engadir as framboesas trituradas, a modo de "salsa de tomate" e relar chocolate branco como se fose o queixo relado.

VOLVER