Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

GOFRES

Gofres con froitos vermellos e iogur de coco

Unha idea perfecta para un almorzo tranquilo de domingo
Autor/a: Carlota Fariña
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción35 minutes
Tempo total50 minutes
Prato Almorzo
Cociña Americana
Racións 8 persoas

Equipamento

  • Gofreira ou molde de silicona para gofres
  • Batedor
  • Espátula
  • Coador
  • Cazo

Ingredientes
  

  • 250 g de fariña de trigo
  • 2 Ovos
  • 100 g de azucre branco granulado
  • 200 ml de leite fresco
  • 100 g de manteiga sen sal
  • 10 g de fermento en po
  • 3 g de sal

Elaboración paso a paso
 

  • Nun bol amplo, peneirar a fariña xunto co fermento e o sal. Engadir o azucre e mesturar. Reservar. Nun cazo, derreter a manteiga, agregar o leite e deixar que se quente uns minutos sen chegar a ebulición.
  • Verter o leite no bol da fariña e remexer ata que todos os ingredientes estean integrados. Incorporar os ovos batidos e mesturar ata obter unha masa homoxénea e lisa. Deixar repousar 15 minutos.
  • Para a cocción, acender a gofreira e, unha vez que está quente, untala con manteiga. Verter un cullerón de masa sobre a gofreira, pechala e deixar que se cociñe durante 5 minutos. Se se fai no forno, calor arriba e abaixo uns 10 min aprox.
  • Retirar o gofre e colocámolo sobre unha reixa para que arrefríe. Repetimos a operación ata cociñar toda a masa. Para o empratado, colocamos un gofre nun prato, decoramos cos toppings que máis nos gusten. Eu elixín froitos vermellos, noces e iogur de coco e… que o desfrutedes!
    080A2331

VOLVER